Loading...

O CD Choco cae ante a UD Paiosaco por 1 gol a 3

CD Choco
27 de noviembre de 2022

O equipo redondelá sitúase no último posto da táboa clasificatoria

Malos tempos son os que corren para o CD Choco que esta tarde caía ante o UD Paiosaco, que chegaba de colista, por 1-3. Un partido que o visitante sentenciaría xa na primeira metade.

Na primeira metade, o CD Choco entrou ben no partido. Cando tiñan o balón o equipo facía dano ao rival pero non eran quenes de finalizar por dentro da portería defendida por Buggy. De feito a primeira máis clara a tería Adrián, no minuto 6 cun remate de cabeza; máis 3 minutos despois tras un erro defensivo Cristian rompería a saca a favor dos seus. 

Co 0-1 no marcador, o CD Choco seguía loitando por levar o control do partido con boas chegadas ao área rival, e como que a segue a consegue levarían premio tras un centro de Berni que remata Félix de cabeza ao seu antoxo. 

Empate a 1 no luminoso e todo un partido por diante de dous equipos que ansiaban a vitoria para separarse dos postos de descenso máis en dous minutos, no 27 e 29 Javier e Jorge, porían por diante aos seus, chegando ao tempo de lecer cun resultado de 1-3 en contra. Falamos con Hugo Álvarez, adestrador choqueiro que recoñecía en rolda de prensa que “defensivamente non estivemos ao nivel xa non só da categoría senón ao nivel esixido”

Xa na segunda metade, aínda que o CD Choco posuía o dominio do balón cada vez que recuperaba o Paiosaco o esférico xeraban moito perigo. Os redondelás tiveron ocasión de reducir distancias dende o punto de penalti pero Cora faiaria truncando así a posibilidades de sacar algo positivo deste encontro porque o tempo non paraba de correr, e unha vez máis en contra dos intereses choqueiros. Algunha ocasión máis tería o equipo choqueiro pero finalmente o resultado foi o de 1-3. 

Un resultado que coloca ao CD Choco no último posto da táboa clasificatoria pero aínda queda moito que remar e non queda outra que seguir porque según Hugo “Hoxe non estivemos a altura, eu o primiero e o que todos temos que ser autocríticos e pensar que esto é o CD Choco que leva moito tempo en Terceira e que teñen a xente que está traballando detrás; polo que hai que ser máis responsables”.


Ficha técnica:

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Diogo, Yago Vázquez, Juanma Justo, Comis, Monroy, Félix, Adri, Berni e Ube. Tamén xogaron Anxo Vilas, Kopa, Cora, Toni e Rubén. 

UD Paiosaco: Buggy (p), Chans, Pablo, Martín, Cristian, Javi Sande, Eiroa, Fer, Raña, Juanma, Casariego. Tamén xogaron Jose Moure, Jose R, Mauro e Bilal 

Goles: 0-1 Cristian (9’), 1-1 Félix (12), 1-2 Javier (27’) e 1-3 Raña (29’)

Os colexiados Rubén Pérez, José Daniel Rodicio, e Rubén Castro amoestaron aos locais Cristian, Ronald e Kopa e aos visitantes Gabi, Martin, e Fernando;  todos eles con cartón amarelo. 

Incidencias: partido correspondiente á xornada 10 do camiopnato da Terceira RFEF, disputado en Sta. Mariña. 


0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar
Lo último
2-1
Adri levanta a Santa Mariña en dous minutos máxicos (2-1) O Choco lévase os tres puntos ante un rival directo como o Cultural Areas nun esixente partido
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 5 meses
1-1
O Choco iguala ante un incómodo líder (1-1) O conxunto choqueiro pon en aprietos a todo un Celta nun partido onde o temporal xogou un importante papel
Juvenil A. CRÓNICAS.
hace 5 meses
1-1
O que o vento se lle levou ó Choco (1-1) Os de Tizón volven quedar ás portas da victoria nos últimos minutos do encontro ante o Villalonga
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 6 meses
2-2
Adri rescata un punto para o Choco en Santa Mariña (2-2) Nun partido moi disputado ante o Barco, os choqueiros tiveron incluso opción de darlle á volta ó marcador nos instantes finais
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 6 meses