Loading...

Elías Reyes volve a vestir a camisola choqueira

CD Choco
30 de agosto de 2022

O Central chega coa ilusión de facer un gran ano nunha tempada moi complicada.

Elías Reyes regresa á casa, logo de competir unha tempada no Arandina CF, equipo que competiu tamén na Terceira RFEF. Decisión que aínda que non lle pesou, o xogador recoñece que logo de cumprir contrato “tiña ao CD Choco na mente”, Reyes estivera na tempada 20-21 no equipo redondelá. A pesar de ter outras ofertas, según nos conta o central, finalmente “decanteime polo Choco polo ambiente, o proxecto e sobre todo polo ben que se portaron cando estivera aquí. O CD Choco é un club ao que lle teño moito agarimo”.  Aínda así, Elías amósase sorpendido pola chamada de Juan Amoedo, “a pesar de que xa falara con Juan un par de veces fai un tempo atrás”. 

Centrándonos xa na tempada, que está a piques de comezar, o 11 de setembro o CD Choco recbie ao Viveiro CF en Santa Mariña, Reyes espérase un curso “moi complicado xa que hai moi bos equipos, xa que case todos reforzáronse moi ben”. O central sabe que a Terceira é unha categoría “na que non se pode perdoar”, de ahí a importancia do bo inicio que faga o equipo choqueiro xa que “é unha liga moi competitiva, pero moi bonita tamén”, asegura Reyes. 

O xogador confesa que a mesma dificultad da competición a terá para facerse un hoco no esquema de Amoedo máis chega con gañas de “dar o mellor de min mesmo en cada partido”.  Ademáis recoñece que “me gusta moito o estilo de xogo que vai moi en consonancia co meu, temos bo equipo e pensó que vamos a chegar lonxe”. Esto o afirma logo de facer a pretempada co equipo redondelá; ao que non lle costou adatarse porque ao igual que “cando me marchei o vestiario está moi unido”.

Coa chegada de Elías, Juan Amoedo xa ten case completo o plantel desta tempada. Unha tempada que Elías espera “sexa redonda porque temos equipo para estar arriba e eu espero facer un bo ano”.

0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar
Lo último
2-1
Adri levanta a Santa Mariña en dous minutos máxicos (2-1) O Choco lévase os tres puntos ante un rival directo como o Cultural Areas nun esixente partido
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 6 meses
1-1
O Choco iguala ante un incómodo líder (1-1) O conxunto choqueiro pon en aprietos a todo un Celta nun partido onde o temporal xogou un importante papel
Juvenil A. CRÓNICAS.
hace 6 meses
1-1
O que o vento se lle levou ó Choco (1-1) Os de Tizón volven quedar ás portas da victoria nos últimos minutos do encontro ante o Villalonga
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 6 meses
2-2
Adri rescata un punto para o Choco en Santa Mariña (2-2) Nun partido moi disputado ante o Barco, os choqueiros tiveron incluso opción de darlle á volta ó marcador nos instantes finais
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 7 meses