Loading...

Alfonso Santiso chega para quedarse no CD Choco

CD Choco
14 de julio de 2022

O interior amosa as ganas que ten de comezar no seu novo equipo ao que coñece ben polas veces que se enfrentou a él “gústame a proposta de xogo do equipo e ver as bancadas cheas en Santa Mariña”.

O tempo pasa e xa son menos os días que quedan para comezar a tempada, a décima do CD Choco en Terceira División; como tamén restan os días para que arranque a pretempada do equipo choqueiro. Entrementes a entidade redondelá está a ultimar o plantel que defenderá o escudo choqueiro na 22-23. E o fai cunha nova fichaxe. Alfonso Santiso é o último, que non o derradeiro, xogador en incorporarse ao equipo. Un xogador polivalente que chega procedente do Noia CF aínda que tamén xogou no Ourense e no Silva. 

Sorprendido pola chamada de Juan, pero feliz pola oportunidade dada, así se declaraba Santiso na conversa mantida con él. Con gañas de que comece a rodar o esférico e de coñecer aos novos compañeiros cos que compartirá vestiario, Santiso confesa que non dubidou en aceptar a oferta choqueira “pola confianza amosada polo míster, polo proxecto tan bonito que ten o club e como desafío de saír da miña zona de confort”. 

Alfonso chega a Redondela a sabendas do que ten que demostrar para facerse un hoco no equipo de Amoedo. A tempada se presenta complicada no só polos equipos rivais senón tamén polo formato e polo curta que é. Razóns varias para que o xogador pense que vai ser “unha tempada moi disputada dende o principio. Hai grandes equipos pero esperamos poder facer as cousas ben dende o inicio para situar ao equipo na zona máis alta posible da clasificación”. E con estas aspiracións chega o xogador que xogará de interior e quen asegura que para cumprir os obxectivos “dareino todo dende o principio para axudar ao equipo a estar onde se merezca”. 

Con moitas ganas de comezar, Santiso manifesta que se algo lle gusta do seu novo equipo é “é a proposta de xogo que ten o CD Choco. É un equipo con moita personalidade que busca continuamente ser o protagonista do xogo”. O xogador tamén recoñece que lle chamou a atención sempre que viu a Santa Mariña a enfrontarse co equipo choqueiro “a cantidade de xente que vai a velos partidos porque sempre e bonito ver as bancadas cheas”.

0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar
Lo último
SUSPENSION DE ACTIVIDADES EN LA TARDE DEL 24-11-24
C.D.Choco Redondela.
hace 8 meses
Esta victoria vai de sentimento (1-0) Un gran Aitor e o esforzo coral de todo o equipo outórganlle ao Choco os tres primeiros puntos na estrea ante un rival de altura como o Portonovo
hace 10 meses
Una vuelta que ilusiona.
Noticias.
hace un año
2-1
Adri levanta a Santa Mariña en dous minutos máxicos (2-1) O Choco lévase os tres puntos ante un rival directo como o Cultural Areas nun esixente partido
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 2 años