Loading...
Un novo reforzo ofensivo coa chegada de Cora

O extremo, que xogou a pasada tempada no Juvenil Ponteareas, regresa ao CD Choco.

Carlos Cora, chega ao CD Choco para reforzar a línea ofensiva do equipo redondelá ao que xa conoce non só como rival senón como xogador, no que militou hai 4 tempadas. “Teño moi bo recordo deste club e moitos amigos nel ”, nos comenta o extremo, que vestirá a elástica choqueira este próximo curso. 

Se as boas lembranzas e os amigos foron razóns de peso para que se decantase pola entidade choqueira, tamén recoñece que “o proxecto deste ano é moi ambicioso” e esto axudoume a tomala decisión xunto co interese demostrado por Juan Amoedo. 

Rápido, habilidosos e con gol”, así se define Cora como xogador quen asegura que se algo lle pode aportar ao equipo é “experiencia na categoría e sede por conseguir grandes cousas”. Todos eles ingredentes fundamentais nunha competición “que este ano vai a estar máis igualada, se cabe, pero creo hai motivos para ser optimistas”.

Cora considera o club ao que regresa “un histórico, referente en Galicia” cun equipo “cunha filosofía clara e un estilo de xogo moi atractivo: ofensivo, que leva a iniciativa e crece a partir de ter o balón .

CD Choco
hace 9 meses