Loading...

Anxo Vilas, primeira incorporación do CD Choco

CD Choco
14 de junio de 2022

O defensa chega ao club redondelano procedente do Alondras CF.

Juan Amoedo comeza a configurar o plantel de cara a vindeira tempada, a décima consecutiva no que o CD Choco competirá na Terceira RFEF. E o fai coa fichaxe de Anxo Vilas, un defensa que proveen do Alondras CF. 

Falamos con Vilas, quen nos comenta que está moi contento de recalar no club redondelano “non é un equipo descoñecido para min, porque meu irmá xa estivo xogando aquí, polo que coñezo a moitos dos xogadores”,  polo que non ten dúbida que “atopareime cunha familia”.

Anxo sabe que non será doado gañarse un posto no equipo de Amoedo, máis o que sin ten claro e que loitará pola titularidade cada día de adestramento, cada partido porque “eu quero xogar”. E se algo lle define como xogador é “a perserverancia, son un xogador que o da todo en cada momento, intento estar ao máximo e dar o mellor posible sempre. Son moi cercano e un xogador de equipo”. 

Anxo está seguro que se adatará pronto tanto ao vestiario como a filosofía do club e ao estilo de xogo de Juan “penso que é cuestión de traballalo, pero tamén son un xogador que se adapta perfectamente ás necesidades do equipo”. 

Ao xogador non lle costou moito tomar a decisión de vestirse de vermello pois nos asegura que “falando con Juan transmitiume moita seguridade e confianza en mí e no equipo que quere, penso que é un adestrador coas ideas moi claras”. 

Vilas confía en que esta tempada sexa boa para o seu novo equipo, “o ano pasado non foron moi ben as cousas, máis espero que fora por ser un ano de transición, polo que esta tempada espero que nos vaia mellor” porque “que o CD Choco leve 12 anos en Terceira, 10 deles consecutivos, é por algo”.

0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar
Lo último
2-1
Adri levanta a Santa Mariña en dous minutos máxicos (2-1) O Choco lévase os tres puntos ante un rival directo como o Cultural Areas nun esixente partido
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 4 meses
1-1
O Choco iguala ante un incómodo líder (1-1) O conxunto choqueiro pon en aprietos a todo un Celta nun partido onde o temporal xogou un importante papel
Juvenil A. CRÓNICAS.
hace 5 meses
1-1
O que o vento se lle levou ó Choco (1-1) Os de Tizón volven quedar ás portas da victoria nos últimos minutos do encontro ante o Villalonga
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 5 meses
2-2
Adri rescata un punto para o Choco en Santa Mariña (2-2) Nun partido moi disputado ante o Barco, os choqueiros tiveron incluso opción de darlle á volta ó marcador nos instantes finais
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 5 meses