Álex Rodríguez: “Noso obxectivo non é outro que os acenso”

CD Choco
1 de abril de 2022

Os equipos choqueiros comezan esta fin de semana ás segundas fases. Falamos co adestrador do Xuvenil B, equipo que xoga polo ascenso. 

Esta fn de semana comeza ás fases polo ascenso ou pola permanencia para a mayoría do nosos equipos base. O pistoletazo de saída o daba o Cadete A, na xornada anterior, empezando o seu periplo cunha importante vitoria, que terán que facer boa este domingo ante o Ourense CF. 

Pola súa parte outro dos equipos que xogarán polo ascenso é o Infantil A e o Xuvenil B. Polo contrario o Infantil B e o Cadete B tratarán de loitar pola permanencia nas súas respectivas categorías, e o Infantil C, subcampión de Liga, e ante a imposibilidade de xogar a fase de ascenso como sería o propio loitará por facerse coa Copa Federación. 

Así as cousas falamos co adestrador do Xuvenil B, Álex Rodríguez. Equipo que comeza a loitar, logo de quedar campións de Liga, pola consecución do ascenso. E o farán o sábado ás 12.00 horas no campo do Sporting Guardés, en A Sangriña.

Un vello coñecido ao que xa se enfrontaron durante o campionato ligueiro, polo que Álex asegura que “enfrontamos este partido sabendo a dificultade máxima que vai ter. É un equipo con moitos integrantes de tercer ano e con individualidades moi destacadas”. A esto engade que “van a ter o apoio da afección, uns siareiros que apretan moito”; aínda que tamén saberá que o seu equipo non estará só. 

Rodríguez confesa que “pero para nós é moi importante comezar ben esta fase e sabemos que podemos repetir o colleitado no campionato ligueiro”; por eso viaxan coa intención “de traernos os tres puntos para Redondela, teremos a nosas opcións, estou seguro, e vamos a loitar por elo”.

Aproveitamos a conversa co adestrador choqueiro para analizar a tempada, que non foi doada pero que tiveron a súa recompensa que non foi outra que a de quedar campións. “a nivel persoal estou moi contento polo, pero non tanto por min coma por meus xogadores que, como grupo humano, se merecen todo o bó que lles poida pasar”. Álex nunca se marcou como obxectivo o título ligueiro, é máis “a principios de Liga, o noso único obxectivo era mellorar individualmente para que cada día fósen mellores xogadores o que, sen dúbida,  ía a repercutir na mellora colectiva. Eso sí, ademáis disto esixíalles que competisen tódolos partidos. Co paso das xornadas vimos que os obxectivos podían ser máis ambiciosos e ao final atopámonos con que tíñamos opción de gañar a Liga, aínda que o importante seguía sendo a clasificación para a fase de ascenso”. 

Rodríguez asegura que se ao comenzo de Liga lle dín que ían ser campións de Liga… “Non me o creería. Ao final nos comezos non sabes o nivel do resto de equipos. Se ben é certo, que era consciente do rendimento do meu equipo e sabía que podería chegar moi alto polo potencial que ten, ata que empezas a competir  é imposible predecir ata onde podes chegar. O fútbol é moi impredecible e inflúen moitos factores, pero por sorte todo foi moi ben e o conseguimos o que nos aportou unha alegría inmensa”.

Quizás agora comence o complicado. A segunda fase na que en tan só 6 partidos se definirá todo, polo que para Álex é fundamental “empezar ben porque é unha fase tremendamente complicada e moi curta”. Agora sí que ten claro que “chegado aquí o noso obxectivo agora sí que está claro, e non é outro que ascender e é polo que vamos a loitar e o único que temos en mente. Confío plenamente no meu equipo e sabemos que si estamos ao cen por cento teremos moitas posibilidades de logralo”. 

Unha fase que a pesar do bonita que é, a presión pode ser uns dos factores que xogen en contra se non se sabe xesionar. Álex nos asegura que “o vestiario está ben, con moitas ganas de empezar e de facer as cousas ben. Están moi motivados e o nivel de competitividade é moi alto. Espero que teñamos ese puntiño de sorte que tamén fai faia neste tipo de competicións tan curtas, e poder así, dar unha alegría ao club e a tódala familia choqueira”. Rodríguez finaliza a conversa cunha intención moi clara durante esta fase “esperemos que en Santa Mariña só predomine unha cor, un sentimento e un ADN, o choqueiro”.

0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar