O xogador regresa á que foi a súa casa nas tempada 14/15 – 15/16.
Un novo reforzo para o equipo choqueiro coa fin de cumplir o seu obxectivo para esta tempada, a permanencia. O xogador Lucas Carminati que militou nas filas do equipo redondelá, nas tempadas 14/15- 15/16 amosábase moi contento no día da súa presentación “estou moi ilusionado por voltar a este club que para mín é coma a miña casa onde pasei os mellores anos a nivel deportivo, polo que estou moi contento e agradecido pola oportunidade que me da o adestrador e o club”. E que Carminati viviu os dous play off de ascenso que o CD Choco disputou por aquel entón.
O xogador recoñece que “me sorprendeu a chamada de Juan” por eso chega con moitas ganas de “aportar o máximo ao equipo e axudalo a conseguir o obxectivo”. E asegura que “o que lle vou a aportar a este equipo seguridade defensiva debido a miña experiencia, e estou seguro que así será”. A verdade que Carminati pouco a nada tivo que pensarse a súa volta ao CD Choco “trala conversa co adestrador foi doado tomar esta decisión, vamos loitar en cada partido para conseguir seguir unha tempada máis nesta categoría”.
Carminati leva unha semana adestrando co equipo “o vestiario recibiume moi ben aínda que tamén é certo que o tiña fácil porque coñecía a metade do plantel choqueiro, así que non houbo problema de adaptación”.










