Loading...
https://api.clupik.com/publication_images/dee6ac60-990e-431a-944e-133d8e1760ce.large.jpg

Volta á casa dun canteirán, Diego Covelo

https://api.clupik.com/clubs/2570/images/clubTransparent.png
CD Choco
8 de agosto de 2023

O lateral esquerdo amósase “ilusionado de volver a defender as cores do CD Choco”

Diego Covelo, quizáis non precise presentación por ser un xogador da casa o cal volve á casa, neste caso como xogador Sénior, tras unha tempada, a pasada, no Coruxo FC. 

Bastoulle tan só unha semana de pretempada para convencer a Tizón de ser merecedor dun posto no equipo. De feito, o míster está seguro que “nos aportará moito a nivel ofensivo por ser un xogador rápido con calidade; ademáis polo seu sentimento de pertenza ao clube, aspecto que nos axudará moito”. Un sentimento por un escudo que Covelo deixa patente dende os inicios da conversa “Tiña moitas ganas de volver a xogar no CD Choco; aínda que estiven tan só unha tempada fóra, estrañei o non estar aquí. Estoy feliz pola oportunidade dada, e poder así defender así as cores do meu equipo”.

Inmerso na preparación durante a pretempada, e logo dunha semana xa nos asegura que “penso que debemos de volver a levar ao Choco a onde se merece. Logo desta semana de adestramentos percibín o alto nivel do plantel polo gran número de xogadores experimentados que van a aportar moito. Realmente hai ilusión polo equipo”.

Unha ilusión que desprende en cada unha das verbas “nestes primeiros días todas son boas percepcións, síntome moi cómodo e gústame o nivel e o ritmo”.

Covelo compartirá vestiario con xogadores veteráns como Comiso u Cortegoso, aos que sempre veía dende a bancada y aínda que o primeiro impacto xa o viviu cando era xuvenil e adestrou con eles en varias ocasións, “faime moita ilusión compartir campo con eles, podemos aprender moito deles”.

As emocións para Covelo xa comezarán mañá ao ter que enfrentarse no amigable que se celebrará en Santa Mariñas ás 21.00 horas, ao seu antiguo equipo o Xuvenil División de Honra. 

0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar
Lo último
https://api.clupik.com/publication_images/undefined.medium.jpg
SUSPENSION DE ACTIVIDADES EN LA TARDE DEL 24-11-24
C.D.Choco Redondela.
hace 8 meses
https://api.clupik.com/publication_images/d2b053c6-b695-4db1-b732-460aeedd5b80.medium.jpg
Esta victoria vai de sentimento (1-0) Un gran Aitor e o esforzo coral de todo o equipo outórganlle ao Choco os tres primeiros puntos na estrea ante un rival de altura como o Portonovo
hace 10 meses
https://api.clupik.com/publication_images/204ba46f-2b55-4794-8b35-940ca766da96.medium.jpg
Una vuelta que ilusiona.
Noticias.
hace un año
https://api.clupik.com/publication_images/a9b8ef43-d889-497d-b4ca-26d4f478a546.medium.jpg
https://api.clupik.com/clubs/2570/images/clubTransparent.png
2-1
https://api.clupik.com/clubs/13889/images/clubTransparent.png
Adri levanta a Santa Mariña en dous minutos máxicos (2-1) O Choco lévase os tres puntos ante un rival directo como o Cultural Areas nun esixente partido
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 2 años