Loading...

Reparto de puntos en Santa Mariña

CD Choco
5 de marzo de 2022

Adiantábase o CD Choco cun gol dende o punto de penalti de Caloi na primeira metade. 

O CD Choco gozaría da vitoria ata o minuto 60 cando Pablo García acadaría o empate, nun partido no que repartiron incluso o dominio do mesmo. Comezaba o encontró cun CD Choco moi metido no encontro, alentados por unha bancada chea cunha afección completamente entregada ao equipo de Juan Amoedo. 

Sabíase que era un encontro complicado nos que se medían dous equipos necesitados de puntos. Ámbolos dous na parte baixa da táboa clasificatoria e a sabendas da importancia de dito duelo. Necesidade que se notou xa dende os primeiros compases do partido no que os redondelás ben puideron adiantarse no marcador de atinar dúas ocasións claras que tiveron nos minutos 2 e 3. A medida que pasaba o tempo o CD Choco dominaba o partido e os achegamentos a área do Alondras era continua máis non puideron materializar ningunha delas até o minuto 32 cando Caloi rompería a saca a favor dous seus dendo o punto de penalti. 

Parecía que os choqueiros tiñan o encontro de cara. Tiñan o balón, lograban facer o xogo combinado que tanto lles caracteriza e parecíanse sentir cómodos e superiores o rival. Mais logo do tempo de lecer, o encontro cambiou e foi o equipo visitante que atinou a levar o control do partido e por ende achegar con bastante perigosidade a portería defendida por David Cortegoso. 

O Alondras CF insitía na área redondela e no minuto 60 chegaría o gol do empate firmado por Pablo García. Tralo empate, o partido non cambiou, o dominio do Alondras CF continuou ate que os colexiados decidiron pitar o final co reparto de puntos entre os dous bloques. 

Un punto máis que supón un pasiño máis de cara o obxectivo da permanencia. 

Ficha técnica:

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Chisco, Comis, Caloi, Maceira, Félix, Toni Armada, Ranca, Álex Figueroa, Berni, e Carminati. Tamén xogaron Álex Pérez, Ronald, Monroy, Capelo e Alberto Suárez. 

Alondras CF: Diego Dadín, Diego Rodríguez, Pablo García, Aitor Díaz, Yago, Javi, Manu, Abel, Jesús Varela, Raúl Paz, e Álex Ubeira. Tamén xogaron Mauro, Arona, Óscar Martínez e Anxo Vilas. 

Goles: 1-0; Caloi (32’); 1-1 Pablo García (60’)

Os colexiados Adrián Estévez, José Daniel Rodicio e Diego López amoestaron aos locais Manu Rancaño (46’), Chisco (49’), Óscar Comis (59’) e aos rivais Álex Ubeira (23’), Mauro (67’)

Incidencias: partido correspondiente á xornada 26 do camiopnato da Terceira RFEF, disputado no Campo Municipal de Sta. Mariña. 

0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar
Lo último
2-1
Adri levanta a Santa Mariña en dous minutos máxicos (2-1) O Choco lévase os tres puntos ante un rival directo como o Cultural Areas nun esixente partido
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 7 meses
1-1
O Choco iguala ante un incómodo líder (1-1) O conxunto choqueiro pon en aprietos a todo un Celta nun partido onde o temporal xogou un importante papel
Juvenil A. CRÓNICAS.
hace 7 meses
1-1
O que o vento se lle levou ó Choco (1-1) Os de Tizón volven quedar ás portas da victoria nos últimos minutos do encontro ante o Villalonga
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 7 meses
2-2
Adri rescata un punto para o Choco en Santa Mariña (2-2) Nun partido moi disputado ante o Barco, os choqueiros tiveron incluso opción de darlle á volta ó marcador nos instantes finais
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 8 meses