O Xuvenil A busca a excelencia a unha tempada sobresaínte

CD Choco
25 de mayo de 2023

O Domingo 28, ás 12.00 horas en Santa Mariña o Xuvenil A enfróntase ao Alondras CF nun partido que pode ser o pase a División de Honra.


Brillante a tempada realizada polo equipo dirixido por Hugo Álvarez, o Xuvenil A. Un equipo que demostrou a súa valía durante toda a tempada. Unha tempada que este Domingo, ás 12.00 horas en Santa Mariña, poderá pechar obtendo a excelencia co ascenso a División de Honra. 

Son moitas as ecuacións para obter a recompensa do ascenso, mais o Xuvenil A sairá, coma en todolos partidos, a gañar, que é a única suma que lle asegura o pase a División de Honra. Un pase que ben pudo facerse efectivo a pasada xornada de gañar a o ED Xuventude Oroso, pero non poido ser e tal e como di Hugo Álvarez, adestrador do equipo “ao final a derrota contra o Oroso é parte da tempada. Son partidos que se volven máis complicados. Da forma que comezou parecía que ía ser un partido máis sinxelo e ao final torceuse: pero é un partido máis. Viñamos de sete partidos gañados que tampoco é algo doado nesta liga”.

Agora toca centrarse no partido deste Domingo, o derradeiro, no que tres equipos se xogan o ascenso, e tan só dous deles o conseguirán. O ED Val Miñor con 67 puntos, CD Choco con 66 e Pontevedra CF con 65 son os tres aspirantes a División de Honra. “Está moi apretado todo ata a última xornada, de feito non é o habitual, porque non hai ningún equipo ascendido”, nos comenta Hugo quen engadade “así é o fútbol, emoción, xogarse cousas, o fútbol é competir”. Pero neste caso, o fútbol tamén pode ser presión e así o recoñece o adestrador choqueiro quen nos explica que “supoño que os xogadores se esixirán porque obviamente queren ‘o caramelo’, pero é un grupo moi maduro. É un equipo que son capaces de asimilar prácticamente todo; non houbo un partido que non soubesen analízalo e saber o que aconteceu, o por qué do resultado obtido. Neste sentido, pensó que son xogadores que se van a centrar no partido que saben o que teñen que facer e que o saben facer ben”. 

De feito o Xuvenil A afronta esta semana con “normalidade. Unha semana máis facendo o traballo igual que sempre, adestrando con seriedade e traballando duro”, recoñece Hugo.

Finalmente centrámonos xa no final de tempada, meses de duro traballo do que agora poden recoller os froitos “valoro a tempada como algo progresivo e de maduración. Ao final maduraron moito sobre todo na forma de afrontar os partidos e por esa seguridade que fumos collendo pouco a pouco, sobre todo na casa, facendonos fortes en partidos compricados como foi na Madroa o en partidos na casa contra o Pabellon ou Val Miñor; son partidos nos que te xogas cousas e soubemos estar na altura”, comenta Álvarez. Polo que para o adestrador, o partido desta fin de semana “penso será unha aprendizaxe para os xogadores, a parte de todo o adquirido durante toda a tempada”. Polo que Hugo non ten dúbidas de que “podemos estar orgullosos da tempada realizada, polo que de conseguir o ascenso será a excelencia a unha tempada moi boa”.

0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar