David Cortegoso e Ángel Expósito serán os encargados de defender o fortín choqueiro.
David Cortegoso, estará unha tempada máis defendendo o escudo choqueiro tras chegar a un acordo coa entidade deportiva. Esta tempada compartirá a portería con Ángel Expósito; o gardameta, formado no Coruxo e con ampla experiencia en Terceira, a pasada campaña militou nas filas do UD Ourense. Falamos co novo xogador choqueiro que recoñece que “a miña preferencia era seguir xogando no Ourense mais logo da chamada de Juan, a cal me sorprendeu, decidín apostar por esta oportunidade nun equipo referente na Terceira RFEF, que leva 10 anos na categoría”. Falando de referentes, Expósito non dubida en nombrar a Cortegoso como tal “é un gran porteiro e para os gardametas da miña xeración Cortegoso é un referente. Teño gañas de conocelo e traballar ao seu carón”.
Expósito ten ganas de que o esférico comece a rodar polos campos de fútbol galelos, non só por esta nova experiencia que cando se trata de novidade a ilusión sempre é maior senón por porse a traballar de cara a unha tempada que prevé “compricada; tan só competimos dezaséis equipos e todos con moito nivel” pero aínda así “creo daremos a talla e conseguiremos os obxectivos marcados”.
Equipo novo, no que Expósito coñece a gran maioría dos que serán os seus novos compañeiros e chega coa finalidade de aportar “traballo diario e a experiencia na categoría”, que sempre é un grao. E que se algo se considera Ángel é “traballador, implicado e ambicioso en canto a seguir medrando”. Por eso aínda que para él o fundamental é o equipo, a nivel persoa espera desta tempada “seguir medrando como futbolista senón tamén como adestrador de equipos base. Dar un bo nivel e que o equipo confíe en mi e por suposto co propósito de conseguir o obxectivo desta tempada”.