Senda na que tamén continúa o Xuvenil B tras imporse por 3 goles a 0 ao Tyde CF.
XUVENIL A
CD AREOSA 2-1 XUVENIL A
O gol de Omar Konté non foi suficiente para que o seu equipo facturase os tres puntos da xornada. Aínda que a piques estiveron de igualar o encontró nos últimos intres do partido, os de Humberto Lede colleitan unha sen poder continuar na senda da vitoria que retomaran a pasada xornada.
XUVENIL B.
XUVENIL B 3-0 TYDE CF
Suma e segue para os de Álex Rodríguez que están a firmar unha boa campaña. O equipo Xuvenil superior no campo o reflexou tamén no marcador ao imporse ao Tyde CF por 3 goles a 0 con goles de Hugo León e Luis.
INFANTIL A
J. CAMBADOS 4 – 2 INFANTIL A
Non puido ser. Os de Marcos Montes non sumaron esta xornada na casa do Cambados. Os goles de Iago e Roma non foron suficientes para continuar sumando unha semana máis.
INFANTIL B
INFANTIL B 1- 7 UD MOS
Nova derrota do equipo de Comis e Rubén que deixan de sumar unha semana máis. Complicado encontro para o equipo Infantil no que tan só fixeron unha diana firmada por Pousadas.
INFANTIL C
SR CASABLANCA 2-2 INFANTIL C
Reparto de puntos entre o SR Casablanca e o Infantil C. Os goles de Lino e Pablito para seguir sumando unha semana máis. Os de Kiko seguen sen saudar a derrota nestas últimas xornadas nunha boísima campaña do equipo Infantil.
RESTO CATEGORÍAS BASE
Os equipos de fútbol 8 colleitaron os seguintes resultados.
ALEVÍNS
Tan só o Alevín B non foi quen de facturar puntos esta xornada na que caeu na casa do UD Sta. Mariña. Pola contra o resto de equipos desta categoría fixeron pleno de puntos nos seus respectivos partidos. O Alevín a imporíase ao Alertanavia de maneira contundente e cun amplio resultado. O Alevín B gañaría pola mínima ao Gran Peña en casa rival (2-3) e o Alevín D faría o propio tras imponerse ao CVC Valladares por 3 goles a 1.
BENXAMINES
Unha semana máis tan só o Benxamín A logrou sumar, nesta ocasión ante o Erizana en campo rival (0-2). Ao Benxamin B escaparíanselle os 3 puntos pola mínima ao caer por 2 goles a 3 ante o San Miguel, nun partido moi igualado e competido polos xogadores de Reguera e no que ambolos dous equipos disfrutaron e fixeron disfrutar a afección que se achegou ao Manuel Conde. Por outra banda, o Benxamin C tampouco sumou esta xornada na que cae ante o Alertanavia.