Derbi entre o O CD Choco e o Alondras CF, o sábado ás 18.30 horas.
Unha xornada máis na que os siareiros choqueiros poderán gozar dunha tarde de fútbol en Santa Mariña. E o farán o sábado ás 18.30 horas na que a escadra choqueira recibirá ao Alondras CF, nun duelo trascedental para as aspiracións do equipo redondelá.
Cada vez quedan menos xornadas por disputar e polo tanto, menos oportunidades para intentar salvar a categoría, máis o equipo choqueiro non tira a toalla. De feito, e así quedou constancia na primeira volta, ningún rival é doado, e o que recibe o sábado tampouco, e así o recoñece Comis, xogador choqueiro, que pensa que “nos atoparemos cun equipo con moitas dúbidas, que xogarà maiormente de forma directa e sen arriscar moito, xa que ven pasando un mal momento e nunha dinámica bastante negativa, con cambio de adestrador fai pouco incluído. E despois, que sempre foi un equipo que basa a maior parte dos seus resultados na seguridade defensiva”. Polo que se ve, saben a que rival se enfrontarán polo que a escadra vermella afronta este partido, en palabras de Kopa “con moitas ganas, xa que pode ser unha das derradeiras opotunidades para engancharnos á salvación. Aínda que é verdade que quedan 10 xornadas, mais vendo como está a Segunda RFEF; toca ser realistas”. Dura realidade, pero o xogador engade que “confío no equipo por todo o traballo que hai detrás, e penso que faremos un bo partido. Ademáis, é un derbi, partidos estes bonitos de disputar”.
De feito o equipo está según Ube “moi comprometido, traballador e con ganas de revertir a situación, polo que se algo teño claro e que o sábado saldremos a competir contra un rival en loita pola permanencia. O noso obxectivo é sacar os tres puntos e dar unha alegría a afección”.
Pero para elo terán que sair ao campo moi tranquilos e meterse no encontro dende o saque de centro. Non poden conceder ni un segundo ao rival, e así o recoñece Adri quen asegura que a clave do partido está en “nós, sendo conscientes do que nos xogamos pero coa tranquilidade que de tamén se necesitan este tipo de partidos, polo que o equipo que cometa o mínimo de erros se levará a recompensa”.
E que aínda que intentan evitar a presión, Figueroa sabe que o partido contra o Alondras “non será a última bala pero estamos seguros de que é un partido moi importante. Temos que tomalo coa importancia que se merece”.
E que para o xogador redondelá “cada xornada que pasa é evidente que temos menos marxe de maniobra, pero o noso foco está en gañar cada partido de cada fin de semana, logo xa chegará o momento de facer contas”. E ante as adversidades Figueroa asegura que “o equipo está moi unido, adestramos a bo nivel e o ambiente é bo. Levamos pecando de falta de acerto en ambas áreas, factor que nos está a castigar pois competir estamos a competir moi ben o que nos fai estar máis preto de gañar partidos”.