Loading...
https://api.clupik.com/publication_images/0850f9f2-67a6-4f77-a107-983dc94359c2.large.jpg

Nico Alonso, sinónimo de traballo e constancia

https://api.clupik.com/clubs/2570/images/clubTransparent.png
CD Choco
24 de agosto de 2023

O xoven xogador gáñase un posto no Xuvenil División de Honra.

Nicolás Alonso, chegaba a pasada tempada ao CD Choco e parece que para quedarse. O xoven xogador competiría na máxima categoría da Liga Cadete, en División de Honra, pero pronto a súa valía chamaría a atención do adestrador Hugo Álvarez, e empezaría a adestrar co Xuvenil, que a pasada tempada competiu na Liga Nacional, obtendo así, o ascenso a División de Honra. 

O extremo esquerdo, a pesar das súas habilidades deportivas que ben poden ser como as de outro xogador, demostrou o respeto hacia un deporte, a seriedade nos adestramentos e o sacrificio por mellorar a nivel persoal e aportar a nivel grupal. E como sempre acontence, finalmente Nico Alonso foi recompensado,esta tempada, cun posto no Xuvenil División de Honra. 

É o benxamín do equipo, Alonso é xuvenil de primeiro ano, entrementes a maioría dos seus compañeiros son de último ano. Dous anos por encima que sempre se nota, pero isto non supón un impedimento para o xoven xogador, senón unha ventaxa en canto a aprendizaxe e superación a si mesmo. De feito, conta coa axuda de todos e cada un dos seus compañeiros, e trátano coma un máis. “Todos os xogadores están moi contentos con Nico, e sempre están dispostos a axudalo no que precise; a clave é ser equipo, e nós o somos”, nos comenta o adestrador, Hugo Álvarez.

Álvarez confésanos que “tíñamos moitas ganas de que pelexase por facerse un sitio no equipo e que conseguise estar a altura”, razón pola cal o chamaron para facer a pretempada con eles. 

Nico tiña varias semanas por diante para colarse nos plans de Álvarez e así o fixo. “A pasada tempada xa nos demostrou, ademáis de ser un bo rapaz, moi educado, o cal sempre é moi importante, o respeto que ten polo deporte, aspecto que para nós é fundamental no noso día a día”, comenta o adestrador, que engade “sempre está disposto a superarse a si mesmo, día a día, adestramento tras adestramento. De feito a pasada tempada entregouse ao cen por cento a pesar de saber que era moi compricado que xogase no fin de semana. Esa constancia de Nico foi fundamental porque é unha cualidade que se bota de menos na xuventude. Hoxe en día é moi compricado encontrar a xente comprometida e Alonso o é, polo que esas ganas e ilusión que demostra cada día tiñan que verse recompensadas”. 

Obviamente o nivel deportivo é fundamental para que Alonso se quedase no División de Honra “ten unhas capacidades altas para seguir mellorándoas; penso que pode dar un nivel moi alto”. 

Como non podía ser doutra maneira, falamos co protagonista que se mostra un pouco tímido e que cun sorriso perpetuo afirma sentirse “moi contento de saber que xa é oficial a miña pertenza ao equipo”. Nico Alonso é consciente de que non só a pretempada fixo que os seus adestradores tomasen a descisión de otorgarlle unha praza no División de Honra, senón que “o traballo do ano pasado influiu e obtuvo a súa recompensa”. Alonso a pesar da diferencia de idade con respeto ao seus compañeiros afirma sentirse “un máis do equipo”. De Divisón de Honra en División de Honra; a pasada tempada na categoría Cadete e nesta na categoría Xuvenil estou moi ilusionado e contento de cara a esta tempada; é a máxima categoría da Liga Xuvenil na que todos queremos xogar e síntome moi feliz por elo. Sei que é unha Liga moi compricada pero non lle teño medo senón respeto; teño moitas ganas de empezar a competir”. Pois pouco máis dunha semana é o que queda para que arranque a competición ligueira, xa que esta comeza o 3 de setembro. Categoría compricada como “compricado será conseguir un posto de titular no equipo porque hai moita esixencia no plantel”, admite Alonso quen tamén asegura “pero con traballo se pode”. Así o demostrou unha vez, e porque non dúas. Nico Alonso terá os próximos meses por diante para demostrar que merece un posto no once de Hugo Álvarez, pero entrementes céntrase na preparación de cara o campionato ligueiro disfrutando a súa vez de esa recompensa froito do traballo e sacrificio, ledicia compartida con todos o seus compañeiros do Cadete que así llo demostraron ao longo destas semanas. Aínda que o xoven xogador non se considera exemplo de nada, anima a todos os xogadores que “se esforcen e traballen duro. Penso que é importante ser serios en cada un dos adestramentos e nos partidos sempre sacar o mellor de un porque con esforzo e sacrificio todos podemos chegar a onde nos plantexemos”. E Alonso e mostra diso. 


0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar
Lo último
https://api.clupik.com/publication_images/undefined.medium.jpg
SUSPENSION DE ACTIVIDADES EN LA TARDE DEL 24-11-24
C.D.Choco Redondela.
hace 8 meses
https://api.clupik.com/publication_images/d2b053c6-b695-4db1-b732-460aeedd5b80.medium.jpg
Esta victoria vai de sentimento (1-0) Un gran Aitor e o esforzo coral de todo o equipo outórganlle ao Choco os tres primeiros puntos na estrea ante un rival de altura como o Portonovo
hace un año
https://api.clupik.com/publication_images/204ba46f-2b55-4794-8b35-940ca766da96.medium.jpg
Una vuelta que ilusiona.
Noticias.
hace un año
https://api.clupik.com/publication_images/a9b8ef43-d889-497d-b4ca-26d4f478a546.medium.jpg
https://api.clupik.com/clubs/2570/images/clubTransparent.png
2-1
https://api.clupik.com/clubs/13889/images/clubTransparent.png
Adri levanta a Santa Mariña en dous minutos máxicos (2-1) O Choco lévase os tres puntos ante un rival directo como o Cultural Areas nun esixente partido
CD Choco. CRÓNICAS.
hace 2 años