O gol de Monroy dou a victoria ao equipo Choqueiro.
O CD Choco suma tres importantes puntos ante o Silva SD o que lle permite acortar distancias coa parte media da táboa e aumentala con respecto algúns dos seus rivais directos.
Un partido vital no que o CD Choco entrou moi enchufado no primeiro tempo a sabendas que sería un partido moi disputado, xa que os dous equipos se xogaban moito. O equipo de Amoedo conseguiría ter o balón e ocasionar acción de perigo, onde as máis claras chegarían nos primeiros intres en xogadas a balón parado dende a esquina. No 6’ e no 10’ os remate de testa de Ronald e Chisco respectivamente de atinar poderían haber adiantado ao equipo. No 15’ Félix faría o propio máis o esférico parecía que non quería entrar na portería defendida por Ríos.
No 35’ sería Comis quen tería ocasión de adiantar aos seus tras un centro de Álex Pérez ao que non chega Maceira sendo Comis cuxo remate vaise fóra por moi pouco. Tamén o equipo coruñés terían as súas ocasións pero un acertado Cortegoso evitaría o tanto do equipo rival.
Nos derradeiros minutos do encontro Álex Pérez e Maceira volverían a probar sorte con sendos tiros máis o luminoso non cambiaría de dixitos até o segundo tempo.
Tralo tempo de lecer, o Choco de novo sairía moi ben, xogando moito no área rival e creando ocasións de perigo, cuxa recompensa chegaría co gol de Maceira nunha xogada combinada por banda dereita e que o dianteiro remata dende o borde do área.
Co 1 – 0 o Silva deu un pasiño adiante e tocou sufrir porque costábaslle sair co balón. As ocasións do equipo empezaron a ser numerosas e ben pudieron igualar o encontro máis o CD Choco soubo aguantar, facendo que os tres puntos quedasen en Santa Mariña.
Ficha técnica:
Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Chisco, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Maceira, Félix, Álex Pérez, Toni e Monroy. Tamén xogaron Rancaño, Capelo, Álex Figueroa e Pedro Pérez.
Silva SD: Ríos (p), Brais Lema, Parafita, Justo, Fiuza, João Paolo, Marcos Gómez, Álvaro Rey, Antonio López, Antonio Garda e Nicolás K. Tamén xogaron Dembele, Joaquin, Kun e Alejandro Sánchez
Goles: 1- 0 Monroy (50’)
Os colexiados Miguel Ángel Castro, Jesús Piñeiro e Miguel Ángel Vilas amoestaron aos locais Chisco e Caloi e aos visitantes Joao Paolo e Brais Lema.
Incidencias: partido correspondiente á xornada 30 do campionato da Terceira RFEF, disputado no Campo Municipal de Sta. Mariña.