Mañá, Domingo, ás 17.00 horas no Alcalde Manuel Candocia.
Outro longo desprazamento é o que ten por diante o plantel choqueiro. Nesta ocasión visitan Somozas para desputar á 27 xornada do campionato ligueiro contra o líder.
Presa complicada para os de Juan Amoedo, que seguen en postos de descenso polo que se imprime necesaria unha suma. “Para nós fai semanas que tódolos partidos que xogamos son trascedentais”, nos comenta o adestrador redondelano que nos asegura que “imos coa intención de estar un nivel por encima do habitual para poder puntuar en Somozas porque é un equipo que nos vai a esixir moito”.
Amoedo coméntanos que o equipo está “fastidiado” pola derrota ante o Viveiro mais saben que “temos que mellor a competitividade fóra da casa”, aspecto que terán que por en marcha pronto porque dous son os encontros consecutivos que disputan lonxe do feudo redondelá, xa que este mércores se enfrontan ao Sofán, en casa rival, outro dos partidos adiados do conxunto choqueiro.