Mañana, mércores, o conxunto choqueiro viaxa a Carballo para disputar o partido adiado da xornada 23 no campo de O Carral.
De novo o CD Choco enfronta unha semana con dous compromisos ligueiros. O primeiro deles mañá mércores ás 20.00 horas no campo de O Carral, partido adiado da xornada 23, onde lles agarda o SD Sofán, O Domingo xogarán contra o CSD Arzúa en Santa Mariña ás 17.00 horas.
Uns partidos que se presentan como finais para o equipo choqueiro que quere saír da zona de descenso. Falamos con Juan Amoedo, adestrador redondelá, que sempre transmite tranquilidade e optimismo. Amoedo opina que “aínda temos partidos pendentes e penso que non é o momento, ata que se xoguen, de ver a situación real da clasificación. O que sí está claro é que nos quedan 9 partidos entre os que hai moitos duelos directos; e por cómo está a Liga, penso que se decidirá todo ao final do campionato”.
E un deses partidos adiados e contra o Sofán, un equipo que está na loita. De feito o equipo de O Carballo, pecha a táboa clasificatoria con 16 puntos. Pola contra o CD Choco, dous postos máis arriba, con 22 puntos. Pero estes non son máis que números. O equipo choqueiro sabe que dependen de eles mesmos e en eles está a clave de cada partido. Amoedo afirma que “estamos no momento de conseguir puntos e metelo na mochila, e un dos nosos obxectivos é gañar fóra do noso fuedo”. E que de hoxe en adiante “disputaremos partidos moi similares e o equipo non deixará de inténtalo en cada un deles”. Amoedo e coñecedor de que o rival que lle espera en O Carrla “intenta sacar moita renta do seu campo e súas dimensións” por iso espera “un partido moi competido. Sabemos o que que necesitamos para sumar de tres alí, polo que faremos todo o posible para conseguilo”. Amoedo desexa que neste partido tan importante “só predomine unha cor, un sentimento e un ADN; o choqueiro”.